martes, 30 de septiembre de 2008

O rincón do socio


Seguimos co noso concurso, onde esperamos que nesta ocasión teñamos gañador xa que na anterior pregunta ninguén soupo respostar. Recordamos que poden participar todas aquelas persoas que non pertenzan o equipo xuvenil.


A pregunta esta vez é a seguinte: Cantos goles meteu a tempada pasada o mediocentro Fita, máximo goleador do equipo?
Recorden que os premios serán variados dende sudaderas ata consumicións gratis nos distintos establecementos de Lugo para o que acerte a resposta.

Abel no once ideal da segunda xornada


Entrenador: Marcos ( SDC Residencia "B" ).
Porteiro: Álvaro ( Quiroga CF ).
Defensa: César ( SD Becerreá ).
Defensa: Saavedra ( SG Comercial ).
Defensa: Rodrigo ( SD Guitiriz ).
Defensa: Abel ( SDeC Polvorín ).
Medio: Nuñez ( SDC San Roque ).
Medio: Aitor ( Friol CF ).
Medio: Alejo ( Friol CF ).
Medio: Digón ( SD Becerreá ).
Dianteiro: Jacobo ( SDC Residencia "B" ).
Dianteiro: Santi ( Friol CF ).

lunes, 29 de septiembre de 2008

Unha baixa importante

ABRAHAM

Finalmente Abraham, máis conocido dentro do vestuario como Jicho, non se unira o grupo para conpetir este ano. As razóns son totalmente laborais, polo que un cambio de horario de traballo ou parecer por parte deste homiño faría que volvera a competir cos seus compañeiros. De todos os xeitos dende aquí, MOITA SORTE JICHO!!!!!!!!

Pouco premio


SDeC Polvorín 2-2 SD Sarriana

Encontro disputado o pasado sábado ante numeroso público no campo municipal de O Polvorín.

O partido comezou coma case todos os encontros sen un dominador claro. Pero pouco a pouca a SD Sarriana foi achegandose con perigro sobre a meta local, ata conseguir o primeiro tanto do encontro. Despois os locatarios foron despertando e fruto desto Astariz rematou de cabeza o longueiro despois dun saque de esquina. Así acabaría a primeira metade.

Na segunda parte o conxunto local saliu moito máis metido no partido practicando un bo fútbol combinativo e creando claras ocasións de gol. Despois de que o árbitro anulara un gol por posible fora de xogo a Torres chegaría o empate, obra de Héctor que marcou un golazo dende a frontal da área. A partir dese momento a SDeC Polvorín foi totalmente superior os sarrianos creando clarisimas ocasións de gol. Pero os visitantes perfectamente replegados esperaban sorprender as contras e así foi como chegou o segundo gol dos visitantes. Pero os nosos rapaces lonxe de virse abaixo foron a polo partido e ós cinco minutos Josito cun tiro cruzado conseguía o definitivo empate a dous.

Melloría no xogo local respecto do partido de Friol a pesar das baixas que aínda sufre no once inicial. Por outra banda a SD Sarriana de seguro que será un conxunto a ter en conta xa que conta coa mesma base do ano pasado.

O DURO:
Abel asumiu o liderazgo da zaga local levándose todos os balóns de cabeza cun gran poderío físico.

O DANDY:
Cansino ( SD Sarriana ) levou peligro sobre a meta local e o centro que deu o segundo gol os visitantes saliu das súas botas.

¡VAIA DÍA!:
Iván Reija non estivo acertado para evitar os dous goles dos sarrianos e evitou a posible victoria locataria.

O CRACK:
Hugo ( SD Sarriana ) estivo moi concentrado dentro dun partido xogado por parte dos visitantes á contra. Foi o autor dos dous goles sarrianos.

O resto de resultados da segunda xornada foron os seguintes:

Palas CD 1-5 Friol CF
SD Becerreá 5-2 Quiroga FC
SD Guitiriz 2-3 SG Comercial
SDC Residencia "B" 1-1 SDC San Roque

A clasificación despois da segunda xornada queda do seguinte xeito:


1º Friol CF 6
2º SG Comercial 6
3º SDC Residencia "B" 4
4º SDC San Roque 4
5º SD Becerreá 3
6º SDeC Polvorín 1
7º SCD Milagrosa 1
8º SD Sarriana 1
9º Palas CD 0
10º Quiroga FC 0
11º Taboada CF 0
12º SD Guitiriz 0


FORZA POLVORÍN!!!!!!!!!!!!!!!!!