martes, 28 de octubre de 2008

A fin de semana deixanos dúas sorpresas



Os resultados da sexta xornada da liga Autonómica xuvenil do grupo 9 foron os seguintes:




Palas CD 1-0 Taboada CF
SD Guitiriz 1-4 SD Sarriana
SDC Residencia "B" 4-2 Friol CF
SG Comercial 4-2 Quiroga FC
SDC San Roque 0-2 SCD Milagrosa




A xornada deixanos dúas grandes novidades, a primeria derrota da SDC San Roque da tempada ante a SCD Milagrosa e a primeira victoria do Palas CD na tempada. A SG Comercial parece que volve a carburar e a SD Sarriana aínda segue invicta. O Quiroga FC segue sen saber o que é gañar lonxe do seu feudo e os conxuntos de Taboada CF e SD Guitiriz aínda non puntuaron. Esta xornada descansaron a nosa SDeC Polvorín e a SD Becerreá.

lunes, 20 de octubre de 2008

Quinta xornada sen sobresaltos

Os resultados da xornada que se disputou este pasado fin de semana nos distintos campos da provincia foi a seguinte:

SDeC Polvorín 5-1 Palas CD
SD Sarriana 2-0 SD Becerreá
Friol CF 1-0 SD Guitiriz
SCD Milagrosa 1-2 SDC Residencia "B"
Taboada CF 0-4 SG Comercial
Quiroga FC 1-3 SDC San Roque





Unha xornada sen sobresaltos donde podemos destacar as importantes victorias de SDC Residencia "B" e SDC San Roque en campos díficiles, e manteñénse colíderes. Mentres SDeC Polvorín e SG Comercial solventaron os seus enfrontamentos sen ningún tipo de dificultade e cun alguna que outra baixa. A SD Sarriana conseguíu arrancar os tres puntos pero a base de insitir ante unha dura SD Becerreá. Pero por outro lado Taboada CF e SD Guitiriz, que caeu derrotada a domicilio ante o Friol CF, aínda non coñecen a victoria nesta tempada.

domingo, 19 de octubre de 2008

Estamos no bo camiño


SDeC POLVORÍN 5-1 PALAS CD

Segunda victoria consecutiva dos nosos rapaces que pouco a pouco van recuperando as sensacións do bo xogo.

Alex e Diego, dúo técnico do noso equipo xuvenil , comezan a estar satisfeitos co rendemento do seu equipo, que tralos dous primeiros malos resultados, comezan a amosarse coma un dos favoritos para alcanzar os postos altos da táboa clasificatoria.


Na tarde de hoxe derrotaron a un Palas CD que na primeira xornada empatara no campo da SCD Milagrosa. Ademáis fixeronno con absoluta suficiencia xa que lle endosaron cinco goles que ben puideron ser algún máis. Todo iso contando coas baixas do seu capitán e porteiro titular, Iván Reija, que estivo magníficamente sustituído primeiro por Kili e despois por Jacobo, que debutaba na liga, Jes, Adrián e Dipo.

Os goles locais foron anotados por Torres, en dúas ocasións, Miguelito, Héctor e Furbi. A vindeira xornada os nosos rapaces voltarán a descansar, cousas do mal calendario deste ano.

sábado, 18 de octubre de 2008

" Gustaríame poder xogar a fase de ascenso inda que é moi complicado porque nesta liga todos estamos moi igualados "



ENTREVISTA Ó XOGADOR: JES

Hoxe entrevistamos o xuvenil de primeiro ano, con experiencia en liga galega, Jes. A parte de dedicarnos un anaco do seu tempo queremos darlle ánimo de parte de todo o equipo para que se recupere pronto da súa lesión.

-Cómo ves ó equipo neste arranque ligueiro?
Non o vexo mal. Os fallos que tivemos pódense escusar co mal estado do campo de Friol e as datas que acabamos de pasar de festas do San Froilan. Pero póidose ver por momentos o que este equipo pode chegar a facer.

-Cómo levas a túa recuperación?
Bastante ben. Despois de 6 semanas acabanme de quitar o ieso da perna. Estou empezando a andar inda que estou case sen ningunga forza e con moi pouco movemento no tobillo esquerdo.

-Cantos anos leva Jes na SDeC Polvorín?
Levo dende infantis de primeiro ano, é dicir uns 5 anos.

-Por qué elexiches a SDeC Polvorín?
Trouxome un amigo a probar, gústoume e xa decidin quedarme no equipo.

-Estás contento?
Si, moi contento. O trato que recibes da SDeC Polvorín non pode ser mellor. E inda por riba tes uns compañeiros de vestuario realmente formidables.

-Despois destes 5 anos, que cres que é o mellor da SDeC Polvorín?
Sen dúbida que a SDeC Polvorín é unha gran familia.

-É o peor?
A rotura de tibia.

-Destes 5 anos cal é o teu mellor recordo e o peor?
O mellor recordo é un partido cando era infantil de segundo ano contra o Chantada que ivan terceiros. Conseguímoslle remontar un 1-0 a un 3-1 con dous goles meus.

O peor son algúns que outros resultados pero sen moito problema.

-De que xogas habitualmente?
Depende, Alex e Diego estubéronme probando en diferentes postos pero sempre medio ou interior. Inda que me gustaría xogar de medio.

-Cal é a túa mellor virtude?
Creo que velocidade.

-É o teu maior defecto?
A falta de gol.

-Que tal equipo tedes este ano?
Creo que temos un bo grupo. En canto todo o mundo este o 100 por cen e os lesionados nos recuperemos creo que vamos a pelexar por un posto alto na táboa.

-Cales son as vosas aspiracións?
Ir partido a partido e intentar ante todo dar unha boa imaxe no campo. Se se poidese gustariame poder xogar a fase de ascenso inda que é moi complicado porque nesta liga todos estamos moi igualados.

lunes, 13 de octubre de 2008

Segunda enquisa cerrada


Os nosos internautas pensan que os nosos rapaces conseguirán acabar a tempada entre os catro primeiros clasificados. Un bo insufle de moral despois do inicio que están a ter. Ánimo rapaces a por todas.

Resume da cuarta xornada

O resto de resultados da cuarta xornada son os seguintes:

SD Becerreá 2-0 Friol CF
SD Guitiriz 1-4 SCD Milagrosa
SDC Residencia "B" 2-1 Quiroga FC
SDC San Roque 3-2 SG Comercial
Descansa: Palas CD
Descansa: SD Sarriana





Unha xornada cunha tónica xeral normal, é decir sen grandes sorpresas. A SD Becerreá fai do seu campo un fortín e volve gañar, esta vez a un Friol CF que chegaba invicto. A SCD Milagrosa vaixe compoñendo pouco a pouco gañando con claridade en Guitiriz. A SDC Residencia "B", actual líder conseguiu os tres puntos ante un Quiroga FC que mereceu máis. E o SDC San Roque segue demostrando que pode facer grandes cousas e conseguiu doblegar a SG Comercial que se desinfla. Pero así a todo isto non é como comeza é como acaba.

sábado, 11 de octubre de 2008

O San Froilán pagou factura







SDeC Polvorín 3-1 Taboada CF



Normal o mal partido dos nosos xuvenís hoxe á tarde no Campo Municipal de O Polvorín dado nas datas nas que estamos. Así a todo os primeiros tres puntos da tempada chegaron despois dunha remontada a medio gas.


A primeira metade foi de dominio parcial dos locais cun chegadas peligrosas a meta visitante. Pero un erro na medular do equipo local fixo que o branquiazuis comezaran unha contra facendo así o primeiro gol. Despois deste pequeno erro os nosos viñerónse pouco a pouco arriba ata que nun saque de esquina Abel empalmaba un cabezazo cruzado facendo así o empate. A partir dese intre os nosos xogaron máis tranquilos e souperon estar serios en defensa. Antes de irse ó descanso Fita dende a frontal da área empalmou un dereitazo que se estrellou no longueiro.


Na reanudación do partido o balón pasou ser totalmente da SDeC Polvorín, que mostrou un xogo combinativo e moito máis vivo do que fixera na primeira metade. Ó pouco de comezar o segundo tempo, Fita despois dunha maxistral xogada dentro da área batía o porteiro por baixo poñendo por diante os de Montirón. A partir dese momento a calma personificouse nos locais e os visitantes aproveitarono e comenzaron a dominar levemente o partido. Foi entón cando apareceu Iván Reija, que non estivera moi afortunado no gol encaixado na primeira parte, facendo unha magnífica estirada á escuadra evitando así un posible empate. Despois desta gran xogada do noso meta chegaría o terceiro, que marcaría Fernando Torres. Con esto culminábase a remontada e amarrabánse os tres puntos. A victoria puido ser maior pero non era o día dos nosos rapaces, que quedan excusados polas Festas de San Froilán. Aínda así hai que recordar que o partido afrontouse con catro baixas que se notaron moito, todo cambiara cando volvan. Ánimo rapaces.

SDeC Polvorín: Iván Reija ( Kili ), Cristian ( Martín ), Miguelito, Astariz, Abel, Saúl ( Mourín ), Héctor, Fita, Pablo ( Furbi ), Botana e Fernando Torres.

Taboada CF: Ismael, Mejuto, Miguel, Damián, Diego ( Fabricio ), Álex, Moreiras ( Luís ), David ( Felipe ), Rudán, Óscar ( Rafa ) e Chouri.

Goles: Moreiras polo Taboada CF. Abel, Fita e Fernado Torres pola SDeC Polvorín.

Incidencias: Partido xogado o pasado sábado pola tarde no Campo Municpal de O Polvorín ante numeroso público.

FORZA POLVORÍN!!!!!!!!!!!!!



martes, 7 de octubre de 2008

" Temos bo equipo aínda que hai que pulir algunhas cousas "



ENTREVISTA Ó XOGADOR: FITA

Hoxe entrevistamos o máximo goleador da tempada pasada, cun total de 16 goles, da SDeC Polvorín xuvenil.


De momento dous partidos, unha derrota e un empate, crees que hai marxa de mellora?
-Sí que hai marxe de mellora, xa que contra a Sarriana na segunda metade puidose ver o que pode chegar a facer este equipo. Eu creo que cando estén todos os lesionados aínda melloraremos máis.

Cantos anos leva Fita na SDeC Polvorín?
-Creo recordar que levo seis anos tirando cara os sete.

Por qué elexiches a SDeC Polvorín?
-Xogaba na Residencia e como o meu irmán xogaba aquí decidin vir a xogar a este clube.

Estás contento?
-Sí, sobre todo, porque interesanos moito a todos primordialmente pasalo ben aínda que sen pasar por alto o de dalo todo no campo.

Despois destes sete anos, que cres que é o mellor da SDeC Polvorín?
-As grandes amizades que se fan neste clube.

É o peor?
-En ocasions os resultados pero tampouco nada que salientar principalmente.

Destes setes anos cal é o teu mellor recordo e o peor?
-A tempada pasada foi un dos mellores recordos debido a que tiven moita sorte de cara o gol e principalmente cando lle ganamos á Sarriana no seu campo por 3-1.O peor recordo foi o espectáculo lamentable que dimos o ano pasado no partido contra o San Roque.

De que xogas habitualmente?
-Mediocentro por diante da defensa.

De que che gustaría xogar?
-De media punta ( aínda que nesa posición sexa moi malo....jeje ).

Cal é a túa mellor virtude?
-Que rara vez dou o partido por perdido.

É o teu maior defecto?
-Os balóns aéreos.

Qué tal equipo tedes este ano?
-En liñas xerais temos bo equipo aínda que hai que pulir algunhas cousas como en todos os equipos.

Cales son as vosas aspiracións?
-Ir partido a partido é o que temos que facer e despois xa se verá.

lunes, 6 de octubre de 2008

Iván Reija foi elixido xogador clave


O capitán da SDeC Polvorín xuvenil foi elixido xogador clave polos nosos internautas na Pregunta da Semana. A pesar do mal partido ante a SD Sarriana de seguro ha de ser un dos estándartes deste equipo.

Sen grandes sorpresas

Os resultados da terceira xornada son os seguintes:


SD Sarriana 6 - 1Palas CF
SCD Milagrosa 7 - 2 SD Becerreá
Quiroga FC 2 - 1 SD Guitiriz
SG Comercial 1 - 2 SDC Residencia "B"
Taboada CF 2 - 6 SDC San Roque

Unha xornada sen demasiadas sorpresas que deixa tres goleadas de escándalo e dúas victorias pola mínima.

Este fin de semana a nosa SDeC Polvorín voltará á competición. Cabe destacar a presencia de dous xuvenís, Torres e Josito, co primeiro equipo ante o Iberia CF onte domingo. Josito saliu de inicio e xogou toda a primeira metade e Torres xogou 15 minutos no segundo tempo. O resultado total foi de 1-1.

sábado, 4 de octubre de 2008

Terceira xornada dentro dun marco festivo para ós equipos capitalinos

Esta xornada depararanos os seguintes enfrontamentos, a destacar os de negrilla:

SD Sarriana -Palas CF
SCD Milagrosa - SD Becerreá
Quiroga FC-SD Guitiriz
SG Comercial-SDC Residencia B
Taboada CF-SDC San Roque
Descansa: SDeC Polvorín
Descansa: Friol CF

Na Ribela mediránse dous conxuntos que aínda non coñecen a victoria, pero todo apunta a que os puntos non se marcharan de Sarria.

No Luís Gorgoso os roxibrancos reciben a un rival duro de roer como é a SD Becerreá. Partido igualado, visto as sensacións que deixaron os locais no primeiro encontro e as que poidan deixar os visitantes que se soen mostrar irregulares forá do seu campo. Partido incógnita.

No Municipal de San Martiño, debut para os locais nesta liga no seu campo frente a unha SD Guitiriz que de seguro chegara con rabia despois de perder nos últimos intres o fin de semana pasado. Partido de seguro igualado donde se ha poder ver un desplegue total de forza contra garra e poderío físico.

Nas Gándaras o partido máis interesante da xornada. Chegan dous equipos invictos con ganas de todo dentro desta liga e que de momento non están defraudando. Partido de total igualdade que desequilibrará o que máis calidade ou ganas de gañar teña. Este é un partido moi importante dentro do transcurso da liga.

No campo de A Medela partido de claro sabor capitalino. Aínda que os locais salirán a por todas para conseguir os seus primeiros puntos, a maior calidade do conxunto verdiblanco tense que facer notar. Aínda así pode ser un partido de cambios no marcador se os visitantes non salen metidos.

A SDeC Polvorín e o actual líder o Friol CF descansarán. Nunca se agradeceu un descanso tanto como nestas datas festivas.

Sorte para todos.


FORZA POLVORÍN!!!!!!!!!!