sábado, 18 de octubre de 2008

" Gustaríame poder xogar a fase de ascenso inda que é moi complicado porque nesta liga todos estamos moi igualados "



ENTREVISTA Ó XOGADOR: JES

Hoxe entrevistamos o xuvenil de primeiro ano, con experiencia en liga galega, Jes. A parte de dedicarnos un anaco do seu tempo queremos darlle ánimo de parte de todo o equipo para que se recupere pronto da súa lesión.

-Cómo ves ó equipo neste arranque ligueiro?
Non o vexo mal. Os fallos que tivemos pódense escusar co mal estado do campo de Friol e as datas que acabamos de pasar de festas do San Froilan. Pero póidose ver por momentos o que este equipo pode chegar a facer.

-Cómo levas a túa recuperación?
Bastante ben. Despois de 6 semanas acabanme de quitar o ieso da perna. Estou empezando a andar inda que estou case sen ningunga forza e con moi pouco movemento no tobillo esquerdo.

-Cantos anos leva Jes na SDeC Polvorín?
Levo dende infantis de primeiro ano, é dicir uns 5 anos.

-Por qué elexiches a SDeC Polvorín?
Trouxome un amigo a probar, gústoume e xa decidin quedarme no equipo.

-Estás contento?
Si, moi contento. O trato que recibes da SDeC Polvorín non pode ser mellor. E inda por riba tes uns compañeiros de vestuario realmente formidables.

-Despois destes 5 anos, que cres que é o mellor da SDeC Polvorín?
Sen dúbida que a SDeC Polvorín é unha gran familia.

-É o peor?
A rotura de tibia.

-Destes 5 anos cal é o teu mellor recordo e o peor?
O mellor recordo é un partido cando era infantil de segundo ano contra o Chantada que ivan terceiros. Conseguímoslle remontar un 1-0 a un 3-1 con dous goles meus.

O peor son algúns que outros resultados pero sen moito problema.

-De que xogas habitualmente?
Depende, Alex e Diego estubéronme probando en diferentes postos pero sempre medio ou interior. Inda que me gustaría xogar de medio.

-Cal é a túa mellor virtude?
Creo que velocidade.

-É o teu maior defecto?
A falta de gol.

-Que tal equipo tedes este ano?
Creo que temos un bo grupo. En canto todo o mundo este o 100 por cen e os lesionados nos recuperemos creo que vamos a pelexar por un posto alto na táboa.

-Cales son as vosas aspiracións?
Ir partido a partido e intentar ante todo dar unha boa imaxe no campo. Se se poidese gustariame poder xogar a fase de ascenso inda que é moi complicado porque nesta liga todos estamos moi igualados.

No hay comentarios: