sábado, 11 de octubre de 2008

O San Froilán pagou factura







SDeC Polvorín 3-1 Taboada CF



Normal o mal partido dos nosos xuvenís hoxe á tarde no Campo Municipal de O Polvorín dado nas datas nas que estamos. Así a todo os primeiros tres puntos da tempada chegaron despois dunha remontada a medio gas.


A primeira metade foi de dominio parcial dos locais cun chegadas peligrosas a meta visitante. Pero un erro na medular do equipo local fixo que o branquiazuis comezaran unha contra facendo así o primeiro gol. Despois deste pequeno erro os nosos viñerónse pouco a pouco arriba ata que nun saque de esquina Abel empalmaba un cabezazo cruzado facendo así o empate. A partir dese intre os nosos xogaron máis tranquilos e souperon estar serios en defensa. Antes de irse ó descanso Fita dende a frontal da área empalmou un dereitazo que se estrellou no longueiro.


Na reanudación do partido o balón pasou ser totalmente da SDeC Polvorín, que mostrou un xogo combinativo e moito máis vivo do que fixera na primeira metade. Ó pouco de comezar o segundo tempo, Fita despois dunha maxistral xogada dentro da área batía o porteiro por baixo poñendo por diante os de Montirón. A partir dese momento a calma personificouse nos locais e os visitantes aproveitarono e comenzaron a dominar levemente o partido. Foi entón cando apareceu Iván Reija, que non estivera moi afortunado no gol encaixado na primeira parte, facendo unha magnífica estirada á escuadra evitando así un posible empate. Despois desta gran xogada do noso meta chegaría o terceiro, que marcaría Fernando Torres. Con esto culminábase a remontada e amarrabánse os tres puntos. A victoria puido ser maior pero non era o día dos nosos rapaces, que quedan excusados polas Festas de San Froilán. Aínda así hai que recordar que o partido afrontouse con catro baixas que se notaron moito, todo cambiara cando volvan. Ánimo rapaces.

SDeC Polvorín: Iván Reija ( Kili ), Cristian ( Martín ), Miguelito, Astariz, Abel, Saúl ( Mourín ), Héctor, Fita, Pablo ( Furbi ), Botana e Fernando Torres.

Taboada CF: Ismael, Mejuto, Miguel, Damián, Diego ( Fabricio ), Álex, Moreiras ( Luís ), David ( Felipe ), Rudán, Óscar ( Rafa ) e Chouri.

Goles: Moreiras polo Taboada CF. Abel, Fita e Fernado Torres pola SDeC Polvorín.

Incidencias: Partido xogado o pasado sábado pola tarde no Campo Municpal de O Polvorín ante numeroso público.

FORZA POLVORÍN!!!!!!!!!!!!!



No hay comentarios: