lunes, 29 de septiembre de 2008

Pouco premio


SDeC Polvorín 2-2 SD Sarriana

Encontro disputado o pasado sábado ante numeroso público no campo municipal de O Polvorín.

O partido comezou coma case todos os encontros sen un dominador claro. Pero pouco a pouca a SD Sarriana foi achegandose con perigro sobre a meta local, ata conseguir o primeiro tanto do encontro. Despois os locatarios foron despertando e fruto desto Astariz rematou de cabeza o longueiro despois dun saque de esquina. Así acabaría a primeira metade.

Na segunda parte o conxunto local saliu moito máis metido no partido practicando un bo fútbol combinativo e creando claras ocasións de gol. Despois de que o árbitro anulara un gol por posible fora de xogo a Torres chegaría o empate, obra de Héctor que marcou un golazo dende a frontal da área. A partir dese momento a SDeC Polvorín foi totalmente superior os sarrianos creando clarisimas ocasións de gol. Pero os visitantes perfectamente replegados esperaban sorprender as contras e así foi como chegou o segundo gol dos visitantes. Pero os nosos rapaces lonxe de virse abaixo foron a polo partido e ós cinco minutos Josito cun tiro cruzado conseguía o definitivo empate a dous.

Melloría no xogo local respecto do partido de Friol a pesar das baixas que aínda sufre no once inicial. Por outra banda a SD Sarriana de seguro que será un conxunto a ter en conta xa que conta coa mesma base do ano pasado.

O DURO:
Abel asumiu o liderazgo da zaga local levándose todos os balóns de cabeza cun gran poderío físico.

O DANDY:
Cansino ( SD Sarriana ) levou peligro sobre a meta local e o centro que deu o segundo gol os visitantes saliu das súas botas.

¡VAIA DÍA!:
Iván Reija non estivo acertado para evitar os dous goles dos sarrianos e evitou a posible victoria locataria.

O CRACK:
Hugo ( SD Sarriana ) estivo moi concentrado dentro dun partido xogado por parte dos visitantes á contra. Foi o autor dos dous goles sarrianos.

O resto de resultados da segunda xornada foron os seguintes:

Palas CD 1-5 Friol CF
SD Becerreá 5-2 Quiroga FC
SD Guitiriz 2-3 SG Comercial
SDC Residencia "B" 1-1 SDC San Roque

A clasificación despois da segunda xornada queda do seguinte xeito:


1º Friol CF 6
2º SG Comercial 6
3º SDC Residencia "B" 4
4º SDC San Roque 4
5º SD Becerreá 3
6º SDeC Polvorín 1
7º SCD Milagrosa 1
8º SD Sarriana 1
9º Palas CD 0
10º Quiroga FC 0
11º Taboada CF 0
12º SD Guitiriz 0


FORZA POLVORÍN!!!!!!!!!!!!!!!!!

No hay comentarios: