domingo, 19 de octubre de 2008

Estamos no bo camiño


SDeC POLVORÍN 5-1 PALAS CD

Segunda victoria consecutiva dos nosos rapaces que pouco a pouco van recuperando as sensacións do bo xogo.

Alex e Diego, dúo técnico do noso equipo xuvenil , comezan a estar satisfeitos co rendemento do seu equipo, que tralos dous primeiros malos resultados, comezan a amosarse coma un dos favoritos para alcanzar os postos altos da táboa clasificatoria.


Na tarde de hoxe derrotaron a un Palas CD que na primeira xornada empatara no campo da SCD Milagrosa. Ademáis fixeronno con absoluta suficiencia xa que lle endosaron cinco goles que ben puideron ser algún máis. Todo iso contando coas baixas do seu capitán e porteiro titular, Iván Reija, que estivo magníficamente sustituído primeiro por Kili e despois por Jacobo, que debutaba na liga, Jes, Adrián e Dipo.

Os goles locais foron anotados por Torres, en dúas ocasións, Miguelito, Héctor e Furbi. A vindeira xornada os nosos rapaces voltarán a descansar, cousas do mal calendario deste ano.

No hay comentarios: