martes, 7 de octubre de 2008

" Temos bo equipo aínda que hai que pulir algunhas cousas "



ENTREVISTA Ó XOGADOR: FITA

Hoxe entrevistamos o máximo goleador da tempada pasada, cun total de 16 goles, da SDeC Polvorín xuvenil.


De momento dous partidos, unha derrota e un empate, crees que hai marxa de mellora?
-Sí que hai marxe de mellora, xa que contra a Sarriana na segunda metade puidose ver o que pode chegar a facer este equipo. Eu creo que cando estén todos os lesionados aínda melloraremos máis.

Cantos anos leva Fita na SDeC Polvorín?
-Creo recordar que levo seis anos tirando cara os sete.

Por qué elexiches a SDeC Polvorín?
-Xogaba na Residencia e como o meu irmán xogaba aquí decidin vir a xogar a este clube.

Estás contento?
-Sí, sobre todo, porque interesanos moito a todos primordialmente pasalo ben aínda que sen pasar por alto o de dalo todo no campo.

Despois destes sete anos, que cres que é o mellor da SDeC Polvorín?
-As grandes amizades que se fan neste clube.

É o peor?
-En ocasions os resultados pero tampouco nada que salientar principalmente.

Destes setes anos cal é o teu mellor recordo e o peor?
-A tempada pasada foi un dos mellores recordos debido a que tiven moita sorte de cara o gol e principalmente cando lle ganamos á Sarriana no seu campo por 3-1.O peor recordo foi o espectáculo lamentable que dimos o ano pasado no partido contra o San Roque.

De que xogas habitualmente?
-Mediocentro por diante da defensa.

De que che gustaría xogar?
-De media punta ( aínda que nesa posición sexa moi malo....jeje ).

Cal é a túa mellor virtude?
-Que rara vez dou o partido por perdido.

É o teu maior defecto?
-Os balóns aéreos.

Qué tal equipo tedes este ano?
-En liñas xerais temos bo equipo aínda que hai que pulir algunhas cousas como en todos os equipos.

Cales son as vosas aspiracións?
-Ir partido a partido é o que temos que facer e despois xa se verá.

No hay comentarios: