sábado, 8 de noviembre de 2008

Cando a bola non quere entrar....


SD Guitiriz 2-1 SDeC Polvorín
Mal partido o xogado hoxe á tarde no Campo de A Veiga por parte dos nosos rapaces. Onde dous erros da defensa visitante fixeron que os tres puntos quedaran na localidade guitiricense. En definitiva foi un mal partido de cara ó público e cunha SD Guitiriz moi afortunado de cara a portería.
A primeira mitade estivo marcada polo madrugador gol dos locais, obra de Piti, despois dun erro de entendemento entre a zaga visitante. Pero en medio de virse a baixo os nosos rapaces forónse a polo gol, mentres os locais esperaban para saír á contra. Nesta circunstancia chegaba unha oportunidade de ouro para os locais que desbaratou magníficamente Iván Reija. Na seguinte xogada Fita empataba o encontro despois dun maxistral tiro de falta. Así se chegaba o descanso do encontro cunha SDeC Polvorín dominando e con oportunidades de meter o segundo.
A segunda metade todo indicaba que ía ser un camiño de rosas para os visitantes, pero nin de cerca se asemellou a iso. Coa desafortunada lesión de Josito, os locais viñerónse arriba. E despois de unhas cantas intervencións de Iván Reija chegaba o segundo gol, de novo obra de Piti. Este gol non facía xustiza ó visto sobre o terreo de xogo xa que a SDeC Polvorín o estaba facendo moito mellor, pero de novo un erro defensivo facía que os locais tomaran ventaxa. A partir deste intre os nosos rapaces viñerónse arriba polo gol do empate, cousa que non chegou. Unha e outra vez que se tiraba a portería a bola non quería entrar ou era o pao ou eran os centrais que despexaban debaixo da liña de gol. En definitiva unha derrota que doe dentro do corazón amarelo xa que era un partido importante que sirviría para poñerse nos postos altos da táboa. As baixas de Romel, Abel, Jes e a lesión no encontro de Josito mellaron o xogo dos rapaces de Montirón.
Os mellores do encontro foron: Piti ( SD Guitiriz ) e Fita (SDeC Polvorín ).

1 comentario:

Anónimo dijo...

non pasa nada...
ANIMO POLVORIN :D
sodes os mellores!