lunes, 10 de noviembre de 2008

A SG Comercial é novo líder e a SDeC Polvorín cae sorprendentemente derrotada nesta octava xornada

Os resultados desta fin de semana, nos distintos campos da liga autónomica xuvenil grupo 9, foron os seguintes:




SD Becerreá 0-2 Palas CD
SD Guitiriz 2-1 SDeC Polvorín
SDC San Roque 3-3 SD Sarriana
SG Comercial 5-1 Friol CF
Quiroga FC 1-2 SCD Milagrosa


No campo Municipal de Becerreá o conxunto local caeu derrotado sorprendentemente ante o Palas CD. Pero a sorpresa máis irreal viviuse no campo de A Veiga onde a SD Guitiriz sumou os tres primeiros puntos da tempada ante unha SDeC Polvorín sen intensidade que perde deste xeito o ritmo que había conseguido seguir para instaurarse nos postos altos, quedase así en terra de ninguén. No campo Municipal de Montirón a SD Sarriana conseguiu arrancar un puntiño nun partido bronco ante o SDC San Roque, que acabou con varios expulsados. No campo de As Gándaras a SG Comercial, novo líder, vencía con facilidade o Friol CF, que se esta a mostrar moi débil fora da súa casa. No Municipal de San Martiño a SCD Milagrosa conseguía traerse os tres puntos para o seu barrio, situado ó norte da capital lucense, a base de saber sufrir ante un aguerrido Quiroga FC. A SDC Residencia "B" e o Taboada CF descansaron nesta xornada.

No hay comentarios: