lunes, 17 de noviembre de 2008

A Ribela xa manda e a SDeC Polvorín demostra o seu potencial nesta novena xornada

Moi diversos foron os resultados nesta fin de semana dentro do grupo 9 da Liga Autónomica xuvenil, os marcadores definitivos son:




Palas CD 2-2 SD Gutiriz
No campo de Os Chacotes producíase un choque entre dous equipos que viñan de ganar que deu moito de sí. Foi un partido igualado onde o conxunto local deixou escapar dous puntos nos minutos finales. Con este resultado ambos equipos encarrilan dúas xornadas sen coñecer a derrota.



SDeC Polvorín 1-0 SDC Residencia "B"
No Municipal de Montirón o conxunto local sorprendía a uns visitantes que se mostraron moi confiados dende o inicio de partido. Este feito pasoulles factura xa que os locais xogaron con moita intensidade e defenderon aínda mellor. Xusta victoria do conxunto local que demostrou que sabe competir.



SD Sarriana 2-0 SG Comercial
No campo de A Ribela os locais conseguían unha xusta victoria ante os rojillos. Foi un partido moi igualado no que quizás o resultado tería que haber sido de un gol a cero, demasiado castigo para os visitantes que se mostraron débiles atrás. Deste xeito os sarrianos colocánse líderes e son o único equipo que non coñece a derrota nesta tempada.



Friol CF 2-1 Quiroga FC
No campo de A Reigosa o locais conseguían unha victoria máis ante un duro conxunto visitante. Partido de moita intensidade que se resolveu nos intres finais cunha xogada embarullada. Moi ben o conxunto azulón que é sen dúbida un equipo trampa, que loita moito nos partidos. Pero xa se sabe se o Friol CF xoga na casa...victoria case segura.



Taboada CF 1-4 SCD Milagrosa
No campo de A Medela os locais volveron caer de goleada ante un conxunto milagrosista que xogou só dez minutos con intensidade. Deste xeito o Taboada CF segue colista mentres que a SCD Milagrosa xa é segunda.

Nesta xornada descansaron o SDC San Roque e a SD Becerreá.

No hay comentarios: