lunes, 24 de noviembre de 2008

Inxusto reparto de puntos


SDC San Roque 0-0 SDeC Polvorín
Encontro xogado o pasado sábado pola noitiña ante numeroso público no Municipal de O Polvorín. O ambientazo que había o sábado a tarde no barrio de Montirón dábanos a entender que non era un partido calquera, senón que era un derbi.
A primeira metade comezou con dominio para os nosos rapaces que chegaban con moito perigro á meta defendida por Rufo. Os cinco minutos Adrián plantouse diante do porteiro pero non foi quen de concretar e a defensa verdibranca despexaba. Os saques do noso gardameta, Iván Reija, superaban case sempre a liña defensiva rival o que facía que Romel ganase ás espaldas desta e poñíase de novo só ante a meta rival pero a falta de concretación seguía sendo a mesma. Tamén nas faltas tivemos ocasións clarísimas, unha de Fita que parou maxistralmente Rufo e outra de Saúl que non foi gol porque o pao evitouno. Entre ataque e ataque da SDeC Polvorín o conxunto local saliu unha vez con moito perigro dende o medio do campo e nun balón en profundidade un xogador verdibranco poñíase diante de Iván Reija este tirou a porta, pero o noso gardameta tocou o xusto para que o balón perdera velocidade e finalmente chegara Astariz para desviar o xa case gol a córner. O SDC San Roque soamente creaba perigros en balóns colgados que non chegaban a concretarse xa que uns salían pola liña de fondo e outros eran interceptados por Iván Reija. Antes do descanso a SDeC Polvorín tivo unha ocasión clarísima onde nun centro de Adrián paseabáse pola área local que acabou cun tiro cruzado de Héctor que saliu lambendo o pao dereito.
A segunda metade comezou cun SDC San Roque volcado sobre a meta de Iván Reija, que estivo moi seguro durante todo o encontro. A única ocasión na segunda metade dos locais veu despois dun centro dende a dereita que acabou cun remate que se foi por pouco por riba do longueiro. A partir desta oportunidade o conxunto amarelo despertou e volveu a dominar o encontro ata o pitido final buscando o gol da victoria. Romel avisou cun centro fallido, despois dun pase en profundidade de Fita, onde pecou de confianza xa que quixo poñelo de rabona. Con Josito e Dipo no terreo de xogo os visitantes gañaron en verticalidade. Xa cantaba o gol a parroquia amarela cando Romel metía un centro medido a Torres, que este fallou estando a un metro da liña de gol cun remate de cabeza que saíu desviado. De novo volvía a ilusión os corazóns amarelos cando Dipo lograba elevar o balón coa cabeza por riba de Rufo e Carlos, pero de novo non houbo sorte e o balón non entrou porque non quixo aínda que antes de saír fóra do campo tocou no pao. O gol non quería chegar e a SDeC Polvorín seguía levando perigro en córnes, faltas e diversos rexeites. A ocasión máis clara antes do final do encontro foi para Dipo que non acertou diante de Rufo, que atopou un balón que desviou finalmente a córner. Finalmente a pesar de que os visitantes buscaban o gol desesperadamente o encontro rematou como comezou, con empate a cero goles.
Derbi onde ambos equipos saliron con un punto máis para a clasificación. Foi un partido onde o bo ambiente reflexado nas gradas e no terreo de xogo foi inmellorable, non hai que esquecer as incidencias do último derbi. A pesar de todo a SDeC Polvorín foi o conxunto que mereceu a victoria na tardiña do sábado.
O DETALLE: A celebración do empate por parte de Montero, con puño cerrado diante da afición da SDeC Polvorín, non lle sentou moi ben á parroquia amarela que sen dúbida mereceu a victoria.
O CRACK: Rufo estivo á altura e evitou tres claras ocasións de gol da SDeC Polvorín, aínda que tivo a axuda dos paos.
O DANDY: Fita da SDeC Polvorín volveu a tomar a batuta no medio do campo e guiou o seu equipo en todo momento demostrando o bo momento que vive.
¡ VAYA DÍA ! : Fernado Torres non estivo acertado diante da meta nas dúas claras oportunidades que tivo.
O DURO: Carlos do SDC San Roque acabou expulsado durante o encontro froito das numerosas acometidas da dianteira visitante.

No hay comentarios: