domingo, 16 de noviembre de 2008

Máis que tres puntos


SDeC Polvorín 1-0 SDC Residencia "B"

Partido disputado este sábado ás 12:oo horas no campo Municipal de Montirón ante bastante público que puido observar unha importantísima victoria dos nosos rapaces.


O partido comezou con moita intensidade por parte da SDeC Polvorín que tivo o control do balón na primeira media hora. Os locais chegaban con sensacións de perigro a meta visitante pero sen concretar nada, mentres que os visitantes se limitaban a roubar balóns na medular do equipo amarelo e saír con rapidez cara a meta local con idéntico resultado. Nun deses ataques os locais conseguían o gol que lles deu estes tres puntos de ouro, obra de Josito. Todo naceu dunha boa combinación de Héctor con Torres, este último conseguía meter un gran centro que acabou rematando Josito de bolea coa perna zurda. A partir deste momento a SDC Residencia "B" desapareceu do campo ata o descanso, circunstancia que tentou aproveitar o conxunto local para aumentar diferencias pero sen moita sorte.



A segunda metade foi de acoso total da SDC Residencia "B" a unha SDeC Polvorín que se supo defender ás mil maravillas, organizándose moi ben atrás, salindo en contras e aproveitando ocasións a balón parado para levar perigro. Finalmente os tres puntos quedarónse no barrio de Montirón, puntos que demostran o poderío que pode dar esta SDeC Polvorín xuvenil cando xoga con intensidade.



Os mellores do encontro foron Josito ( SDeC Polvorín ), Iván Reija ( SDeC Polvorín ) e Dieguito ( SDC Residencia "B" ).



Hai que apuntar que a SDeC Polvorín faltabánlle catro homes claves no seu xogo, como son: Abel ( lesionado ), Jes ( recuperándose ), Dipo ( recuperándose ) e Romel ( sancionado ).

No hay comentarios: