domingo, 2 de noviembre de 2008

Interesante séptima xornada

Os diferentes resultados nesta xornada nos distintos campos da provincia dentro da Liga Autónomica xuvenil Grupo 9 foron os seguintes:


SD Sarriana 4-2 SDC Residencia "B"
Friol CF 4-0 SDC San Roque
Taboada CF 0-5 Quiroga FC
SCD Milagrosa 3-3 SG Comercial
Un fin de semana moi movido, xa que xornada a xornada vaise cumprindo o tópico que decíamos a principio de tempada de que esta liga ía ser moi igualada. No campo de O Polvorín os nosos rapaces conseguían vencer por terceira xornada consecutiva ante a SD Becerreá, conseguindo tres puntos máis aínda que seguen no mesmo posto xa que a diferencia de outros equipos de arriba teñen xogados só cinco partidos. No campo de A Ribela, a SD Sarriana conseguía gañar a unha SDC Residencia "B" que pon os pés no chan de novo despois de estar vivndo nunha nube tras varias xornadas. No campo de A Reigosa, o Friol CF goleaba o SDC San Roque que parece que se desinfla tras un bo inicio de tempada. No campo de A Medela, o Taboada CF volveu caeu goleado esta vez ante o Quiroga FC que pouco a pouco se vai adaptando a liga. Pero o partidazo da xornada viviuse no campo Luís Gorgoso, no que a SCD Milagrosa vía como se lle escapaban dous puntos no tempo de desconto ante a SG Comercial que se mostrou como un duro rival a bater. Nesta xornada descansaron a SD Guitiriz, próximo rival da SDeC Polvorín, e o Palas CD.


1 comentario:

Anónimo dijo...

joer vaya blog esto si k es un buen blog yo voi dejar el mio pork veo este y me deprime te lo digo nseri oajaj wno pos na kuidarse plantilla polvorinesa