sábado, 1 de noviembre de 2008

Partido vistoso



SDeC Polvorín 3-1 SD Becerreá


Terceira victoria consecutiva dos nosos rapaces hoxe ante a SD Becerreá. Foi un partido moi entretido de cara ó público que disfrutou como nunca no campo Municipal O Polvorín. En definitiva un bo partido cun unhaha respetable entrada.


A primeira metade foi de dominio local, que apenas pasaba apuros ante unha SD Becerreá que deixaba xogar.Co paso dos minutos o gol local viáse chegar e foi cando Josito, cun gran disparo que colleu a escadra do porteiro do conxunto visitante, fixo o primeiro gol da tarde. Nuns minutos tolos nos que a SDeC Polvorín apretaba os visitantes chegaba o segundo, obra dun defensa da SD Becerreá que ante a presión de Fita e o mal despexe que fixo introducía o balón na súa meta. Antes do descanso os dous equipos acabarían con un home menos sobre o campo despois dunha tángana que o árbitro logo resolveu.


A segunda metade foi menos intensa que a anterior, xa que os locais ó ir por diante non atacaban o mesmo ritmo. Froito deso co paso dos minutos e despois dun erro defensivo da zaga local chegaba o primeiro para os visitantes, obra de Riki. Con isto o partido gañou en xogo e os locais con medo de perder dous puntos forónse arriba polo terceiro, e así foi. Fita de lanzamento de falta sentenciaba o encontro para o conxunto amarelo.

Con esta victoria os nosos rapaces suman nove puntos de nove posibles, un bo promedio antes de visitar o sempre díficil campo de A Veiga ( Guitiriz ).

Os mellores do encontro foron: Josito ( SDeC Polvorín ), Riki ( SD Becerreá ) e Fita ( SDeC Polvorín ).

No hay comentarios: